Currículum
José
Manuel Dapena é segundo a crítica alemana “...un guitarrista
que toca con moita seguridade e que en cada intre prevalece a sensación
de que nos guía con grande transparencia a través da música”.
A revista Classical Guitar dixo sobre o seu debut en Inglaterra: “...
acadou un gran nivel nunha memorable interpretación...”, “...amosou
unha gama de técnica experta e de delicadas emocións...”,
“...técnica segura, son fermoso e imaxinativas habilidades interpretativas...”.
A crítica de Estados Unidos escribíu istes titulares: “...un
guitarrista de talento e un expoñente artístico da cultura española...”,
“...un concerto perfecto de musicalidade conmovedora...”, “...un
mestre da guitarra española...”
Dende os seus estudios elementais do instrumento recibíu clases do guitarrista
David Russell o que influíu de xeito transcendental na súa concepción
da guitarra. Russell escribíu, “é un excelente intérprete,
con un son redondo e forte, técnica áxil e capaz de crear maxia
co seu fraseo musical”. Tamén estudiou con Manuel Barrueco no Peabody
Conservatory.
A súa música abrangue tódolos estilos, transcripcións
dende Bach ata as obras máis actuais. Está moi interesado nos
programas monográficos. O seu derradeiro traballo niste eido foi a integral
das sonatas de Sor para guitarra soa e a obra completa de Joaquín Turina
co motivo do 50 aniversario da sua morte . O seu neto e compositor José
Luis Turina, mestre de José Manuel no Conservatorio de Madrid, dixo del:
“...posúe unha formación musical integral, tanto no seu
aspecto escrito coma analítico, que beneficia a súa brillante
actividade profesional”.
Foi galardoado no concurso de guitarra de París e o seu primeiro CD,
dentro dunha mostra de xoves artistas, foi ben catalogado . Emisoras de Europa
e de America retransmitiron as súas interpretacións e cabe suliñar
un concerto-entrevista en directo para a WGBH de Boston.
José Manuel ten unha ampla experiencia internacional tocando en auditorios
coma o Raitt
Recital Hall - Los Angeles, Coral Gables - Miami, French Library - Boston, Leaking
Hall - Baltimore, Henegar Arts Center - Melbourne, St. Paul's - New York, The
Three Arts - Chicago, C. Cathedral - Hartford (USA), Johannesgasse Konzertsaal
- Vienna (Austria), Atrium de Chaville - Paris (Francia), Sala Maia - Oporto
(Portugal), Philippos Nakas - Athens (Grecia), Palazzo Borsalino - Alessandria
(Italia), Yotsuya Kumin Hall - Tokyo (Xapón), Fundación Juan March
- Madrid (España), King John's House -Southampton, Greenwood Centre -
Twickenham, Knott Memorial Hall - Newcastle, Cedar Park - Derby (Inglaterra),
Souza Lima - Sao Paulo (Brasil) or Royal Dublin Society (Irlanda).
Críticas